ESPAZOS DE EXHIBICIÓN
(Santiago de Compostela)
Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño e Terraza do Auditorio da Universidade: Avenida de Vigo, s/n.Campus Vida.
Teatro Principal: Rúa Nova, 21
Salón Teatro: Rúa Nova, 34
HORARIO DESPACHO DE ENTRADAS
Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño e Terraza do Auditorio da Universidade, desde hora e media antes da función
Teatro Principal e Salón Teatro, desde as 18,30h.
As entradas só poden retirarse o mesmo día da función nos espazos onde se programa cada espectáculo.
PREZOS
O acceso é de balde aos concertos e ás funcións na terraza do Auditorio da Universidade (previo paso polo despacho de entradas -máximo 4 por persoa-).
O acceso ás funcións programadas na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, Teatro Principal e Salón Teatro teñen un prezo de 3 euros.
Non existe a posibilidade de mercar un abono para todo o festival dado o aforo reducido.
AFOROS
SALA DE TEATRO ROBERTO VIDAL BOLAÑO: 32 espectadores
TERRAZA DO AUDITORIO DA UNIVERSIDADE: 64 espectadores
TEATRO PRINCIPAL: 350 espectadores
SALÓN TEATRO: 241 espectadores
IMPORTANTE: Unha vez comezada a función non se permitirá o acceso a ningún dos espazos.