(Iluminación) CURSO SECTORIAL DE INICIACIÓN Á ILUMINACIÓN ESCÉNICA

CURSO SECTORIAL DE INICIACIÓN Á ILUMINACIÓN ESCÉNICA

23 e 24 de xuño / 10,00 – 14,00

27 de xuño / 11,00 – 14,00  ,  16,00 – 20,00

Imparte: Daniel Pais

(Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño)

O curso estará divido en dúas partes:

I.

-Electricidade e conexións

-Tipos de fontes de luz e proxectores

-Esquema do sistema básico de iluminación

-Fluxo de traballo para a execución dun espectáculo

-Documentación técnica

-Control das propiedades da luz

-Obxectivos da iluminación

-Denominación e uso da luz segundo a dirección.

-Significado da luz. Convencións e psicoloxía da percepción.

II.

-Recreación dos conceptos teóricos

-Análise de escenas de espectáculos

-Reprodución de escenas analizadas

-Creación de escenas a petición dos participantes

Dani Pais é técnico de iluminación, deseñador de iluminación e técnico audiovisual con experiencia
traballando para máis de 20 compañías de teatro e danza e varias empresas do sector das artes
escénicas dende 2006 facendo tarefas de técnico de directo, deseñador de iluminación, deseñador de
son e videocreador. Aínda que parte dunha formación regulada realizada na Escola de Imaxe e Son
de A Coruña recolle coñecemento froito de traballar con gran parte dos mellores iluminadores e
iluminadoras de Galicia.

http://www.tronante.es

Anuncio publicitario