INTRODUCIÓN Á COMPOSICIÓN MUSICAL EN ESCENA: COMO ABORDAR OS RECURSOS COMPOSITIVOS _(ma)

Neste seminario traballarase en base a obras musicais para teatro, cinema ou danza, con exemplos por autores como Stephen Sonddheim, Morricone, Stravinsky, Nino Rota ou Danny Elfman entre outros.

Abordarase como organizar o proceso de composición en base ao guión, ás esixencias de escena e aoformato (pequeno formato/gran formato). Dous apuntamentos sobre orquestración.

Elección estilística e elaboración dun motivo musical por personaxes, música principal/música incidental. Exemplos prácticos en base a Sweeny Todd de Sondheim, cunha pequena mostra das distintas correntes musicais do S.XX e como se introduciron nas artes escénicas.

Procura de sonoridade específica para a obra e como levala a cabo. Produción musical da obra  (músicos en escena ou pregravada).

Todo isto realizarase a través do visionado e análise musical das pezas a tratar.

DOCENTE

Pablo Pérez Sanmamed

Contrabaixista, baixista e compositor, nacido en Santiago de Compostela.

Actualmente, como proxecto persoal ten o seu trío de jazz Pablo Sanmamed Trio co cal publicou o disco Vennas Maio que é un sexteto de instrumentación mixta sobre a obra de Alfonso X publicado en 2020.

Gravou 67 álbums e / ou DVD que inclúen gravacións con varios artistas de jaz, folk e pop .. Compuxo música para moi diversas pezas audiovisuais: longametraxes, curtametraxes, documentais… como  Minotauromaquia e De Tripas e corazón  (Juan Pablo Etcheverry) , Mártires ( Xosé Zapata) , Os Crebinsky ( Enrique Otero)…

Tamén compuxo para teatro, danza así como para publicidade.

Premios:

1º Premio á mellor música orixinal pola BSO de “Crebinsky” no 16º Festival du Film Español de Toulouse en 2011 (Francia).

1º Premio á mellor música orixinal pola BSO de “Crebinsky” no Festival Internacional de Cinema de Oaxaca en 2011 (México),

1º  Premio World Music outorgado por Músicos ao Vivo en 2013, 2016 e 2019

1º Premio á mellor agrupación de voz feminina europea (arranxos) polo disco «Segredo a voces » de Anubia no Festival Internacional de Asti (Italia)

Mellor disco do 2021 por Ben  Vennas Maio na  Radio O  Recanto de Corcovado .

+ info : https://www.pablosanmamed.com/

Anuncio publicitario