INTRODUCIÓN AO ESPAZO ESCÉNICO SONORO_(ma)

Este seminario propón unha viaxe na que por medio da experiencia do espazo sonoro da última creación da compañía galega Chévere, N.E.V.E.R.M.O.R.E., abordaremos distintos aspectos relacionados co son no teatro como a xestión de efectos sonoros, gravados ou creados en directo, o tratamento da voz ou a disposición de altavoces e micrófonos e o seu uso creativo.   O obxectivo de este encontro é a reflexión sobre a sonorización teatral, así como dotar das ferramentas  para súa implantación en xira.

DOCENTE

Xurxo Pinheiro

Graduado en Recording Arts BA Hons pola School of Audio Engineering  Leva case 25 anos ligado ao mundo do audio profesional, principalmente no ámbito do son directo tanto en concertos musicais como en teatro, traballando para diversas compañías galegas entre as que destaca a súa participación có universo do Grupo Chévere (premio nacional de teatro 2014), sendo xefe técnico da extinta Sala NASA, e responsable do son en diversos espectáculos da compañía desde o ano 2002 hasta actualidade, entre os que cabe destacar  a radionovela “Radio Universo” e as obras /tentacular”,  “Ultranoite no País dos Ananos» ou “N.E.V.E.R.M.O.R.E.»

Anuncio publicitario