Martes 21 de xuño / 22:00h

TERRAZA DO AUDITORIO DA UNIVERSIDADE

/duración 60m/

Paraíso Teatro

OS DIARIOS DE EVA E ADÁN (BOLEROS NO PARAÍSO)

Ficha artística

Dirección                    Roberto Leal

Reparto e cantantes   Inés Salvado e Sergio Piñeiro

Músicos                      Xosé Lois Romero e Xoán Porto

Iluminación e son       Exequiel Merlo

Escenografía               Paraíso Teatro

Fotografías                  Ramón Bermejo

Sobre a peza

Co seu enxeño e encanto habituais, Mark Twain, un dos grandes escritores do noso tempo, presenta a historia do Xardín do Edén cun Adán criatura de costumes e unha Eva exploradora.

O autor escribira nun inicio o diario de Adán onde analiza a presenza da primeira muller e como nace un novo

sentimento que, ata o momento da aparición de Eva, non tiña experimentado.

Anos despois, logo da morte da súa muller, escribiría o diario de Eva a modo de lembranza de quen fora a súa compañeira de vida. Describiu unha Eva esperta, curiosa, unha criatura de notable atractivo.

Temos escoitado que ‘os boleros son a enciclopedia do amor’. Se de amor falamos, o que non está nos boleros non existe. Por iso transcenderon ao paso dos anos e das culturas. Se tiveramos que poñerlle música ao paraíso de Adán e Eva, posiblemente sonarían algúns dos boleros que presentamos nesta interpretación dos textos de Mark Twain.

A compañía propón un paseo musical da voz de Eva e Adán, coa música en directo de Xosé Lois Romero e baixo a atenta mirada de Roberto Leal. Traemos un anaco do xardín, ou parque, do Edén, e o aroma da primeira relación.

A COMPAÑÍA

PARAÍSO TEATRO

Tentados por unha serpe, catro artistas de recoñecido prestixio e talento no eido escénico internacional, xúntanse por primeira vez nun proxecto no que liberar a súa excelsa creatividade, combinando as dúas artes que dominan de xeito maxistral, a interpretación e a música.

Todo isto é o que se di. 

Pero o certo é que alí onde estean eles, está o Paraíso.

Teaser:

Facebook e Instagram:

https://www.facebook.com/paraisoteatro.cia

https://www.instagram.com/paraisoteatro.cia/

Anuncio publicitario