[POR RAZÓNS METEOROLÓXICAS ESTE CONCERTO PASA A PROGRAMARSE O MÉRCORES 23 DE XUÑO, NO MESMO ESPAZO E HORARIO]
YAGO VÁZQUEZ TRÍO
TERRAZA DO AUDITORIO DA UNIVERSIDADE
Yago Vázquez é un pianista vigués residente en Nova York. Comeza os seus estudos no Conservatorio de Música de Vigo, e máis tarde estuda na Escola Estudio de Santiago de Compostela e no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra.

No 2008 Yago Vázquez vaise a Nova York cunha bolsa de estudos para The New School for Jazz and Contemporary Music onde se gradúa con honores no 2010. Alí ten a oportunidade de estudar con profesores como Junior Mance, Sam Yahel, Kevin Hays ou Jane Ira Bloom.
Na súa carreira tocou con músicos como Reggie Workman, Billy Harper, Drew Gress, Jeff Hirshfield, Scott Lee, David Schnitter, Jamie Baum, Gilad Hekselman, Joe Martin ou Ingrid Jensen, etc. E actúa nos clubes máis pretixiosos da cidade: Jazz at Lincoln Center, Blue Note, Jazz Gallery, Jazz Standard, Smalls Jazz Club, Smoke, Fat Cat, Birdland, Minton’s, etc.

Yago Vázquez tamén participa en numerosas xiras internacionais en Alemaña, Suiza, Francia, España, Portugal, Inglaterra, República Checa, Estados Unidos, México, Guatemala, Honduras, Salvador, Nicaragua, Costa Rica, Chile, India ou Corea.
Yago Vázquez Trio foi gañador do Premio Martin Codax da Musica en 2018 e nomeado aos Premios Pulsar 2016 (Chile) e aos Echo Awards 2016 (Alemaña). Yago conta con máis de 30 álbumes na súa discografía.
