SALA DE TEATRO ROBERTO VIDAL BOLAÑO / OBSERVATORIO ASTRONÓMICO «RAMÓN Mª ALLER»
/duración 60m/
Estíbaliz Espinosa
CANTA, URANIA

Ficha artística
Poemas e voz Estíbaliz Espinosa
Piano e sons Juanma Varela

Sobre a peza
Urania é a última das musas ou a primeira delas: a que pon un pé entre a poesía e a astronomía, entre a arte e a ciencia. A constelación de puntos suspensivos que une a poesía, a música e a astronomía faise visible neste encontro íntimo entre a voz, o piano, os ruídos e as estrelas.
E será en dous espazotempos: primeiro na Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, onde terá lugar a performance-recital, con poemas e música; para retomar a poucos pasos de alí, á fresca do verán e xa máis entrada a noite: no Observatorio Ramón María Aller, onde seguirá o recital e unha observación astronómica, sempre que a noite o permita.
Canta, musa. Canta ciencia! Canta Urania nun país de Uranias.
Web: www.estibalizespinosa.com
RRSS:
Twitter: @EstibalizEs
Instagram: estibaliz.espinosa
Instagram: _sonicparkour