IAGO MOURINHO TRÍO
TERRAZA DO AUDITORIO DA UNIVERSIDADE
INTEGRANTES
Iago Mourinho – piano
Pablo Pérez Sanmamed – contrabaixo
Bruno Couceiro – batería

A finais de 2016 este proxecto nace, como outros moitos, da intención do pianista e compositor de quen lle da nome a esta formación de levar ao escenario as súas composicións. Esta experiencia ou sorte de aventura non podía completarse de mellor forma que contando con outros dous, non só músicos, senón compañeiros cos que tivo o privilexio de traballar e compartir vivencias en diversas formacións de cadanseu estilo ao longo dos últimos anos, enriquecéndose a nivel musical e persoal mutuamente.
O trío foi dando os seus primeiros pasos presentándose nos espazos máis habituais da escena musical galega e en verán de 2017 tivo a súa posta de largo participando no Festival de Jazz do Burgo.
PROPOSTA
O repertorio está integrado na súa inmensa maioría por composicións orixinais, deixando espazo para un par de seleccionadas versións tan persoais como inesperadas. Asemade, aínda que a base da proposta é un concepto marcadamente jazzístico, baseado na combinación tradicional de trío acústico (piano, contrabaixo e batería), tamén se toman elementos doutros estilos (música clásica, rock progresivo, bandas sonoras) para incorporalas ao vocabulario do trío.