mércores 1 de xullo / 21,45h

terraza do auditorio da universidade

Concerto: Pablo Sanmamed Trío (jazz)

Pablo Sanmamed Trío

Comeza a funcionar no 2015 e presenta un repertorio integrado por unha maioría de composicións propias e tamén revisitacións de compositores no que mesturan jazz con outras músicas.

Na súa idea estética prevalecen os compases irregulares sobre temas de composición ou versións , buscando distintos puntos de vista dentro da sonoridade do trío estándar ( piano, contrabaixo e batería ), observando músicas e referentes tanto dentro do jazz como fose.

En febreiro de 2018 publican 16/04 disco con este proxecto.

Pablo Pérez Sanmamed (contrabaixo e composición)

Contrabaixista e compositor de fonda formación e ampla traxectoria profesional. A súa produción compositiva abrangue música para teatro, cinema, danza, publicidade e audiovisual.

Iago Mouriño (piano)

Pianista e compositor de formación clásica e moderna. Iniciou os seus estudos de jazz con Javier Constenla, Carlos Castro, Carlos Calviño, Roberto Somoza e Marcelino Galán, entre outros.

Bruno Couceiro (batería)

Comeza a estudar música aos 17 anos na EMMC (escola municipal de música da Coruña) onde se forma durante 8 anos, principalmente no ámbito da batería/percusión con Miguel Cabana e linguaxe musical e harmonía con Lalo Carnota e J.A.Acuña.

Anuncio publicitario