mércores 15 de xullo / 21,45h

terraza do auditorio da universidade

Pablo Sanmamed Trío (jazz)

Distrito Jazz – I. Ortega 2019

«Pablo Pérez Sanmamed ao contrabaixo xunto a Iago Mourinho no piano e Bruno Couceiro coa bateria fanche viaxar nunha especie de banda sonora descritiva e con personalidade propia sen esquecer o seu amor polas músicas tradicionais.»

Jazz, ese ruído – Félix Amador 2019

» O disco é redondo. Comeza cunha deconstrución moi lírica (e adaptada ao estilo persoal de Sanmamed que describimos) do estándar » You Don’ t Know What Love Is» para logo mostrarnos un abanico de ideas que se moven entre temas moi rítmicos e outros máis introspectivos onde escoitamos a un contrabaixo directo, expresivo e cun amplo abanico de ideas, que dá cohesión ao conxunto cunha solidez envexable, e un piano, ese gran protagonista do trío para o que se escribiron temas fabulosos como » Setembro», que é un valse, jazz ao estilo francés segundo o libreto do disco, ou «16/4», onde o piano soporta toda a carga do tema cun eclecticismo que incorpora elementos de música clásica, tradicional e jazz «

B ! Ritmos- Cándido Querol

» …tres músicos da canteira galega que para un servidor representa unha das escenas jazzísticas máis potentes do país…»

Anuncio publicitario