TERRAZA DO AUDITORIO DA UNIVERSIDADE
/duración 30m/
Laboratorio Escénico Coop
BLUES DE MEDIANOITE

Ficha Artística
Creación, dirección e Interpretación Alba Fernández
Deseño de Espazo Sonoro Jas Processor.
Iluminación Alfonso Castro
Asesoramento artístico Alfredo Pérez
Asesoramento coreográfico Estefanía Gómez e Alejandra Balboa.
Vestiario Alba Fernández e Fabiola Santos
Asesoramento de voz María Alkayali
Produción e Distribución Laboratorio Escénico S. Coop. Galega.
Apoio na Xestión Galicia Danza Contemporánea.
Fotografía e vídeo Raquel Castro
Deseño gráfico Laura Sánchez e Tono Galán (Manchea)
GRAZAS especiais a Carmen Cotelo e Iván Doval, por guiarme no teatro e na música, e vivir as creacións comigo.

Sobre a peza
Blues de Medianoite é un espectáculo nocturno de danza, música, teatro e luz.
Cando cae a noite e entra a melodía, acéndense as luces para min.
Blues de Medianoite entra, a ritmo de blues, no misterio e a sensualidade da noite, achegándonos ás raíces negras no movemento, na música e nos instintos. A chamada da terra que pon en valor ás grandes mulleres do blues e a riqueza rítmica que ven directamente de África, sempre dende un filtro persoal. Isto é, o MEU blues.