SALÓN TEATRO
VACAburra
FESTINA LENTE

Ficha artística
Creación VACAburra.
Interpretación Clara Ferrao Diz + Andrea Quintana
Coreografía Andrea Quintana
Dirección e dramaturxia Gena Baamonde + Andrea Quintana
Iluminación Violeta Martinez Rivera
Tec en Xira Jorge Ramos
Espazo sonoro Andrea Quintana + Menina Arroutada
Arranxos sonoros Les Silva
Vídeo e Fotografía Iria Casal
Imaxe gráfica Paulina Funes
Vestiario Gena Baamonde
Produción Executiva Atenea Fernández
Coprodución co Centro Coreográfico Galego, en residencia na Sala Ártika de Vigo e co acompañamento de Galicia Danza Contemporánea.

Sobre a peza
Festina lente é unha locución latina cuxa tradución literal é «Apresúrate amodo».
Esta peza busca unha reflexión do momento presente nun mundo no que a pantalla coloniza as nosas relacións. Corpos multitarefa, corpos cansos, corpos expostos, corpos saturados polos mecanismos dun tempo que non entende de pausas.
Preguntámonos se é posible o encontro, mirar iso que non se ve, entrar e parar. Preguntámonos como deixar xurdir novas realidades fóra dos remuíños do ca- pitalismo que devora, cada vez máis, a corporalidade. Preguntámonos polas estratexias dos corpos para lograr permanecer xuntas frente a alienación.