mércores 8 de xullo

sala de teatro Roberto Vidal Bolaño / 20,30h

SALVADOR

Borja Fernández

DURACIÓN: 65 minutos

FICHA ARTÍSTICA

Idea e creación Borja Fernández.
Dirección Borja Fernández e Uxía Vaello.
Asistencia de dirección Diego Anido.
Asistencia dramatúrxica Claudio Días.
Textos Manuel Cortés e Borja Fernández.
Audiovisuais e iluminación Laura Iturralde.
Deseño de son: Borja Fernández (con colaboracións de Pálida).

Espectáculo subvencionado por Agadic e Iberescena.

Apoios en residencia: A Berberecheira (Grupo Chévere, A Ramallosa), Teatro Ensalle (Vigo), Estação Lunar (Belo Horizonte, Brasil) e Centro Dramático Galego (Santiago de Compostela). 

SOBRE A OBRA

“Meu avó Benito Fernández emigrou a Brasil durante a posguerra española e desapareceu. En cada imaxe semella unha persoa diferente. Mentiu, ocultou información, reinventouse a si mesmo en varias ocasións. Moitos emigrantes transfórmanse, como o «spam» desta historia, como se Benito soubese que alguén no futuro estaría na súa procura, e a súa maneira de agocharse fora mudar a súa identidade e o seu pasado, como xogando ao descoido». (Borja Fernández. Ilhéus, Bahía. Brasil. 20 de setembro de 2015).

SALVADOR é un proxecto escénico a metade de camiño entre o documental e a ficción teatral  sobre os movementos migratorios, as desaparicións e os encontros.

SALVADOR céntrase na figura dos avós, concretamente de aqueles galegos emigrados a Suramérica a mediados do século pasado, e no seu o impacto na configuración das comunidades, familias e individuos contemporáneos, tomando  como sinédoque a figura de Benito Fernández, galego de Verín que un día colleu clandestinamente un barco en Vigo para nunca máis volver.

Crítica  

“Salvador pode verse como un paso adiante na propia indagación que o teatro galego está a facer das posibilidades que a propia realidade ofrece como material escénico, nun proceso de experimentación a partir do teatro documento que o Grupo Chévere e unha serie de iniciativas acollidas baixo o paraugas do proxecto Berberecheira (véxase tamén Goldi Livre) veñen facendo nos últimos anos/meses, iniciativas que foxen da creación autorial autónoma e dos corsés da ficción para expoñer realidades e verdades a través das mentiras da arte e do teatro”.

 Roi Vidal Ponte: “A mentira sempre volve” (Erregueté)

Teaser: https://vimeo.com/226386124

Anuncio publicitario