TERRAZA DO AUDITORIO DA UNIVERSIDADE / CONCERTO
Le BarLuthier

Ficha artística
Nas teclas e cunha voz harmoniosa Carlos Gil Fandiño
Na táboa de lavar e facendo burbullas e pompas nas voces Chucho González Uribe
A que non para e canta Míriam Rodríguez Pérez

Sobre o concerto
Le BarLuthier é un piano bar literal e itinerante.
Un piano de cola cunha caixa de resoancia que se converte nun bar onde se serven bebidas nunha viaxe no tempo ata os anos 30-40-50 coa súa música jazz, swing, dixie, latin, etc. a través dun espectáculo de humor musical con músicos e showwoman. Cunha posta en escena enxeñosa, elegante á vez que, lúdica, sofisticada e atrevida, auténtica e xenuína.