Sábado 25 de xuño / 22:00h

TERRAZA DO AUDITORIO DA UNIVERSIDADE / CONCERTO

Da Silva e Fernández Dúo

Rafa Fernández           guitarra eléctrica

Virxilio da Silva           guitarra eléctrica

A colaboración entre os guitarristas Rafa Fernández e Virxilio da Silva desenvólvese durante case dez anos a través de numerosos proxectos cos que teñen actuado nos principais escenarios de Galicia. Nesta ocasión, presentan un formato íntimo onde repasarán algunhas das composicións favoritas do repertorio clásico do Jazz así como doutras músicas.