Venres 1 de xullo / 20:30h

TEATRO PRINCIPAL

/duración 80m/

Diego Anido

O DEUS DO POP

Ficha artística

Dirección, texto e interpretación  Diego Anido
Deseño de luz  Montse Pinheiro, Perdro Fresneda e Raquel Hernández
Deseño de son  Xavier Bértolo
Espazo escénico  Carmen Triñanes
Vestiario  Uxía P. Vaello e Carmen Triñanes
Asesoría en movemento  Guillermo Weickert
Asesoría en interpretación  Víctor Duplá
Soporte en dramaturxia  Pablo Rosal e Jose Díaz
Axudantes de dirección  Borja Fernández , Pablo Rosal e Jose Díaz
Produción e distribución  Jose Díaz
Asesoría para equilibrio mental  Raquel Regueira

Sobre a peza

Potlatch: Cerimonia festiva dos indios do Pacífico na que o anfitrión busca o prestixio ante os seus convidados amosando a súa riqueza, regalándolles as súas posesións máis valiosas e destruíndo o resto, nun impulso irracional de malgaste a cambio de status.

O deus do pop é unha impresión. Como a que nos levamos cando coñecemos a unha persoa. Que sabemos dela? Que sabemos dela que ela mesma non sabe? Ela ten outra impresión de si mesma. Un relato formado por fragmentos escollidos do seu pasado. Precisa crear o relato. E non dubida en cambiar o pasado para superar no presente a vergoña do que non lle gusta de si mesma. Non ten consciencia de que en realidade é un diamante. Un diamante afundido nos Pantanos da Tristura. Brilando e laiándose. Pensando que a súa propia preguiza lle impide saír. Pero non é preguiza. É o relato.

Diego Anido convídanos á súa Potlatch. Amósanos unha autobiografía inventada. Regálanos unha vida que ás veces semella a súa, pero que non lle avergoña como a súa. Sen medo a queimar a súa memoria. Só para que o adoremos. Como a un deus do pop.


SINOPSE: Tras 25 anos de creación contemporánea Diego Anido presenta o adianto do próximo ‘world tour’ dunha estrela do pop mundial que, entre canción e canción, comparte a historia da súa vida. Reflexión desde a tenrura e o humor sobre como nos enfrontamos ao éxito ou fracaso e como conformamos a visión que temos de nós mesmos a partires dun relato cheo de referentes da infancia, esperanzas e expectativas ficticias.

Anuncio publicitario