salón teatro / 20,30h

MICROSPECTIVAS DUN MARICA MILLENNIAL
Incendiaria
Duración: 65 minutos.

FICHA ARTÍSTICA
Idea orixinal Davide González
Dramaturxia Davide González/Vanesa Sotelo
Dirección Vanesa Sotelo
Interpretación Davide González
Iluminación Laura Iturralde
Espazo escénico Carlos Alonso
Indumentaria Carlos Alonso/Davide González
Sonoplastia Davide González
Fotografía Laura Iturralde /Lucía Estévez
Vídeo Lucía Estévez
Voz en off Eduardo Cunha “Tatán”

SOBRE A OBRA
Microspectivas dun Marica Millennial é un espectáculo íntimo e cargado de poesía desde o que cuestionar as certezas impostas que predestinan a construción da identidade. A partir da música e as artes do movemento, MMM ofrece un espazo de transo no que redescubrir as raíces e refundar o presente.
“A idea xeradora do proxecto é a memoria. Xorde da necesidade de atopar as accións, os movementos, a poesía e a música que ferven na memoria máis física da miña infancia marica. É esta unha proposta íntima que trata de camiñar polos lindes da performance, da música, das artes do movemento e da creación escénica contemporánea”. (Davide González)