salón teatro / 20,30h

ESPIDA
Compañía IO
Duración:60 minutos

FICHA ARTÍSTICA
Dirección AveLina Pérez
Coreografía Nuria Sotelo
Intérpretes Beatriz Rubio, Álvaro Reboredo, Alfredo Pérez
Deseño de luces Laura Iturralde
Espazo sonoro Javier Lemus
Escenografía Cía iO
Vestiario Sigrid Blanco e Cía iO
Fotografía e vídeo GF Studio
Dossier e cartaz Salvador Gil

SOBRE A PEZA
Que constitúe o normal? É Posible atopar unha definición para este termo?
Desde onde miramos? Como miramos? Cales son os focos que atrapan a nosa atención?
Podemos procurar outra ollada?
Tentámolo?
Estas e moitas outras cuestións sentan a base que dá lugar á creación de ESPIDA.

A peza propón un diálogo entre o Novo Circo, o Teatro e a danza.
Arredor da idea de xénero desde os conceptos de normalidade e non-normalidade, ofrece unha viaxe a través do non binario, das posibilidades que os corpos ofrecen, do desexo, da soidade, da vulnerabilidade e da fortaleza.
O corpo acrobático, o corpo que baila, a mirada focalizada e a palabra están presentes para crear unha atmosfera onírica á vez que recoñecible, na que todxs podemos vernos reflectidxs e situar o noso cotiá, así como moitas das dúbidas e preguntas que a sociedade actual nos formula.