TEATRO PRINCIPAL
/duración 70m/
Cía. Elahood
NÓ

Ficha artística
Dirección Sabela Domínguez, Julia Laport e Kenrick Sandy
Coreografía Sabela Domínguez, Julia laport e Aina Lanas
Interpretación Sabela Domínguez e Julia Laport
Dramaturxia Gena Baamonde e Elahood
Música LLXNTO & Bruno Baw
Vídeo Iria Casal
Atrezzo Anahí Taraburelli
Produción Sabela Ramos
Acompañamento á produción Manu Lago
Deseño de iluminación Afonso Castro
Co-producen Centro Coreográfico Galego/AGADIC e Elahood
Colabora Concello de Oleiros

Sobre a peza
“Teño algo importante que dicir pero aínda non sei o que é “
Esta frase sitúase como punto de partida da nova creación da compañía Elahood. Unha proposta de danzas urbanas baixo unha mirada de creación contemporánea.
NÓ convida ao público nunha viaxe onírica, estirando e deformando o significado do que é importante. Baixo un filtro de ironía e fantasía, a compañía deixa ver pegadas do debate actual que atende a de-construción de xénero e a conciencia de clase.
O espectáculo conta coa estética máis característica da compañía, unha danza precisa, limpa e extremadamente coordinada. Elahood continúa a súa aposta particular por unha linguaxe visual e coidada, que neste espectáculo abraza a presenza do texto e a voz.
Onde reside a importancia do importante?
Debemos subirnos a un escenario sempre coa responsabilidade de defender un discurso?
NÓ é un collage que parte da intuición más naif de dúas mulleres galegas que se renden a ter que ser importantes. Unha proposta escénica contemporánea que invita á reflexión colectiva das preocupacións actuais.