venres 9 de xullo / 21,00h

Sta. INÉS, de Lorena Conde

TEATRO PRINCIPAL

Duración: 80m

FICHA ARTÍSTICA

Idea e Interpretación: Inés Salvado

Texto e Dirección: Lorena Conde

Música: De Vacas

Produción e Distribución: A Feroz

SOBRE A COMPAÑÍA

A Feroz fúndase en 2017 coa vontade clara de transcendermos xuntas as nosas barreiras individuais para poñer en común na escena as preguntas e todas as súas posibles respostas e inicia o seu camiño con AFTERPARTY en 2018

O motor d’A Feroz é dar contexto ao noso amor.

Amor. Amor pola verdade, polos proxectos honestos, por contar dende as tripas o que nos sucede, pola mestura das artes, de disciplinas, de ciencias, de corpos e de miradas.

Nacemos á vida como promesa. Todo o que temos queda depositado aí, na posibilidade infinita de chegar a ser todo o que se pode ser a través da arte.

Anuncio publicitario