xoves 16 de xullo

terraza do auditorio da universidade / 20,30h

EMIGRANTAS

Kirenia Danza

Duración: 55min

FICHA ARTÍSTICA

Dirección e coreografía Kirenia Martínez
En escena David Loira e Esther Latorre
Texto Branca Novoneyra
Produción Lucila Campos
Servicio técnico Equipo Creativo RTA. Diego Vilar Ortigueira
Espazo sonoro BabyKatze, Bruno Baw
Deseño gráfico Niko Alvarellos
Fotografía Bruno Baw
Vestiario Jandro Villa

SOBRE A OBRA

Emigrantas é unha peza de danza sobre a última diáspora galega con perspectiva de xénero.

Dúas intérpretes en escena vivencian unha experiencia central na súa xeración: a emigración e o retorno da derradeira diáspora que se distingue das anteriores. Máis mantemos o pasado na memoria.

A última vaga migratoria debedora da crise é multipolar e multicausal. Nos derradeiros 10 anos 47.105 persoas entre 20 e 39 anos abandonaron Galicia buscando contextos laborais máis favorables.

A nosa pirámide de poboación empeorou e o problema demográfico está no centro da axenda política galega coa necesidade urxente de modificar o discurso clásico, válido para entender os éxodos transoceánicos de principios do século XX, mais non as últimas.

Un grupo de mulleres creamos Emigrantas, unha peza de danza para bailar datos, estatísticas, vivencias, intuicións e posibilidades coas que tecer un ensaio bailado sobre a actual diáspora galega en compaña doutras comunidades de emigrantas dentro e fóra da Galicia interterritorial.

O motor destas Emigrantas é pensar a actual vaga migratoria en complicidade con comunidades galegas no exterior e outras emigrantas en Galicia, para así construírmos unha peza que nos leve xuntas diante do presente fenómeno migratorio.

Crítica

Emigrantas está diseñada para poder ser vista en sala o como danza de calle, quizás de ahí derive su ímpetu.

Una pieza que consigue ofrecer flexibilidad, impulso y poesía en un contexto de dureza.

La dirección y coreografía de Kirenia, en complicidad con Esther Latorre y David Loira, el elenco, nos presentan un trabajo de alta fisicalidad que, muy inteligentemente, nunca ilustra los temas.

No hay una visión llorona ni rendida, sino reivindicativa y vitalista, incluso humorística.

Un buen ejemplo de cómo la danza hace saltar por los aires los apriorismos que un determinado tema le puede

Afonso Becerra en Revista Artezblai

Teaser: https://vimeo.com/390939928

Anuncio publicitario