SALA DE TEATRO ROBERTO VIDAL BOLAÑO
/duración 55 m/
Avelina Pérez
A QUE NON PODES DICIR COCACOLA? (II)

Ficha artística
Dirección, dramaturxia e actriz AveLina Pérez
Composición musical Ramón Raíndo
Voz Silvia Cerneira
Iluminación Beatriz de Vega
Invita a xogar Mara

Sobre a peza
No 2011 estreaba A que non podes dicir cocacola?, unha peza arredor da capacidade de adaptación á violencia imperante.
Desta establezo un diálogo co traballo anterior co propósito da creación dunha nova peza (non unha segunda parte) que atende á evolución social, así como ao meu propio cambio, vital e teatral – non pode ir separado – e que dá como resultado A que non podes dicir cocacola? (II); outra vez unha confrontación coa violencia, agora instaurada na limpeza, na desinfección e na asepsia.

A QUE NON PODES DICIR COCACOLA? (II) é unha loita inútil e precisa.
Un desexo de escribir grandes parágrafos nas paredes acabadas de pintar.
Unha repetición de incertezas batendo nos puntos finais.
Un querer e un poder.
Un frasco de perfume que non recende.
Un atentado contra a asepsia.
Algo así é…
Algo así…