CLAUSURA DO AMOR, de Pascal Rambert
CÁMARA NEGRA TEATRO
SALÓN TEATRO
Duración:120m

FICHA ARTÍSTICA
Con Teté García e Xosé M. Esperante
Versión e dirección Carlos Álvarez-Ossorio

SOBRE A PEZA
Unha obra de resistencia física e emocional, onde os dous intérpretes deben abrirse en canal para encarnar un texto visceral sobre a fin do amor. O espectador asiste, como cómplice silencioso, ao acto mesmo de clausurar o amor, de matalo en escena. Un combate devastador a través de dous monólogos intensos e inmensos. Os actores (parella na vida real) chámanse polos seus nomes. Non sabemos onde terminan as personaxes e comezan os actores. Onde termina a parella da ficción e onde comeza a parella real. Palabra a palabra, se atravesan querendo pechar para sempre unha relación que lles construíu e lles destruíu. A palabra convértese nun arma que fere, ataca, apuntando onde sabe que pode facer máis dano. É a guerra corpo a corpo. Unha ruptura como nunca antes tiveramos visto. Non hai tópicos. A linguaxe é nova. Seis cámaras de vídeo amosan en todo momento aqueles xestos que permanecerían agochados doutro xeito: primeiros planos, miradas, o punto de vista do que escoita… Todo queda á vista. Coprodución co CDG e Premio ao Mellor Espectáculo e Mellor Actriz no FETEGA 2020.

SOBRE A COMPAÑÍA
CÁMARA NEGRA leva dende 1996 montando textos de Shakespeare, Chejov, O’Neill, Müller, Ibsen, Dostoievski, Visniec ou Koltés, sempre desde un compromiso claro co teatro contemporáneo. A crítica destacou da compañía a súa «experimentación e austeridade» (Diario de Sevilla), que «leva as súas propostas ata o límite» (ABC de Sevilla), «que aposta pola investigación sen concesións» (BoleTiNT), que «remove entrañas» (Revista Época), e que os seus actores realizan «actuacións ao borde do límite» (El Correo de Andalucía). Definiuse tamén o seu traballo como «arte do bo» (Adelante, Cuba), como “un agasallo para a escena contemporánea” (Málaga Hoy), que «sacude os sentidos» (Mundoteatro), e onde «todo significa, pancomunica, porque o que deixa de estar comunica por non estar, e o que deixa de falar comunica por non falar» (LaTeatral). Falouse da súa «visceralidade» (El País) e da súa capacidade para realizar «unha cerimonia escénica de gran impacto visual no público» (La Razón).