Xoves 30 de xuño / 20:30h

SALÓN TEATRO

/duración 85m/

Inversa Teatro

O PÉNDULO

Ficha artística

Texto                         Marta Pérez e Ernesto Is

Dirección, espazo escénico

e iluminación                                 Carlos Álvarez-Ossorio

Interpretación

Nerea Brey, Marta Pérez e Rosa Puga Davila

Escenografía e vestiario                   Inversa Teatro

Espazo sonoro e vídeo                       Jesús Andrés Tejada

Construción escenografía                 Juan Bas

Imaxe gráfica                                    María Rodríguez

Fotografía Arquivo Bacelar             A Cañiza

Produción                                          Marta Pérez

Comunicación Dito e Feito         Comunicación & Samuel Merino

Edición e publicación                       Edicións Positivas

Sobre a peza

Unha obra de teatro-documento que nos amosa como se desenvolveu a sublevación militar de 1936 e o inicio da Guerra Civil en Galicia. Este achegamento á nosa historia colectiva faise desde o persoal. Marta Pérez, co-dramaturga e actriz, trasládanos a experiencia do seu bisavó, Tirso Gómez Freijido, natural de Ribadavia e residente na Cañiza. Membro do Partido Socialista, republicano e presidente da Casa do Pobo da vila. Tirso foi apresado e fusilado no ano 1936 no Castro de Vigo, xunto cos seus camaradas Justo Moure, Jesús Pérez e Antonio Mojón. Outro veciño da localidade, Benjamín Malvar, apareceu asasinado nunha gabia. Xunto con eles foi apresada tamén María Gómez, alcaldesa da Cañiza, pertencente a Esquerda Republicana, a única muller que exerceu ese cargo en Galicia durante a Segunda República. Esta última conseguiu salvarse do fusilamento no último momento, alegando un falso embarazo. Foi condenada a cadea perpetua e rematou vivindo en Lugo coa anarquista Urania Mella.

O Péndulo é a nova montaxe de Inversa Teatro en coprodución co CDG, a MIT Ribadavia e a Área da Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra. Colabora o Concello da Cañiza, o Concello de Negreira e o Concello de Vigo.

Anuncio publicitario